Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO IRIXO OFERTA 10 PRAZAS TEMPORAIS PARA AS BRIGADAS FORESTAIS

18 Xun 2021

Son contratos de 3 meses de duración

O concello do Irixo publica no BOP do 18 de xuño, por decreto da alcaldía, con data 15 de xuño de 2021, aprobou as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadoras/es para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellería do Medio Rural e o Concello do Irixo para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais.

Número e denominación das prazas: 2 brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais (2 xefas/es de brigada, 2 condutoras/es e 6 pións).

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

Duración do contrato: 3 meses.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación no BOP do anuncio de convocatoria, prioritariamente no rexistro electrónico do concello (oirixo.sedelectronica.es), ou, no seu caso, no rexistro xeral do concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas de convocatoria, que poderán ser consultadas no concello do Irixo en horario de oficina e na sede electrónica: http://oirixo.sedelectronica.es/  

Volver