O CONCELLO DO IRIXO OFERTA 10 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Formarán dúas brigadas contra incendios forestais
O concello do Irixo publica no BOP do 16 de xuño, que, por decreto da alcaldía, con data 12 de xuño de 2020, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do Medio Rural e o Concello do Irixo para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais.
Número e denominación das prazas: dúas brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais (dous xef@s de brigada, dous condutor@s e seis pións).
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
Duración do contrato: 3 meses.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP do anuncio de convocatoria, prioritariamente no rexistro electrónico do concello (oirixo.sedelectronica.es), ou no seu caso no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
Máis información nas bases específicas de convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello do Irixo en horario de oficina e na sede electrónica: http://oirixo.sedelectronica.es/

