Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO IRIXO BUSCA PERSOAL PARA AS BRIGADAS FORESTAIS

30 Xun 2022

Creará dúas brigadas de prevención e defensa contra os lumes

O concello do Irixo fai público no BOP do 30 de xuño que por resolución da alcaldía, de data 27 de xuño de 2022, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do Medio Rural e o concello do Irixo para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais.

Número e denominación das prazas: 2 brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais (2 xefas/es de brigada, 2 condutoras/es e 6 pións).

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para mellora da ocupabilidade e da inserción laboral a tempo completo.

Duración do contrato: 3 meses.

Sistema de selección: concurso-oposición

Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación no BOP do anuncio de convocatoria, prioritariamente no rexistro electrónico do concello: (oirixo.sedelectronica.es) ou, no seu caso, no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Máis información nas bases especificas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello do Irixo en horario de oficina e na sede electrónica: http://oirixo.sedelectronica.es/

Volver