O CONCELLO DE AMOEIRO OFERTA UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO
Trátase dun contrato temporal
O concello de Amoeiro fai público no BOP do 22 de xuño a oferta de selección dun/ha auxiliar administrativa/o, mediante contrato temporal para obra/servizo determinado por un prazo de cinco meses. A presentación de solicitudes farase no rexistro de entrada do concello de Amoeiro (de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres), ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015. O prazo de presentación é de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no taboleiro de edictos do concello (se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao seguinte día hábil). A documentación a entregar é instancia dirixida ao alcalde acompañada da documentación acreditativa dos requisitos esixidos e dos méritos que se desexen alegar. Os requisitos e criterios de selección estarán de acordo coas bases aprobadas a disposición dos/as interesados/as nas oficinas do concello e publicadas na páxina web do concello: www.amoeiro.gal

