O CONCELLO DO CARBALLIÑO OFERTA CATRO PRAZAS
Son para policías locais
O concello do Carballiño fai público no BOP o anuncio co obxecto de contratación de 4 prazas para auxiliares policía local (persoal laboral temporal). Terán un contrato de obra ou servizo determinado, cunha duración de 4 meses, a xornada completa. Os requisitos solicitados son os seguintes:
• Titulación :graduado escolar, graduado en educación secundaria obrigatoria (E.S.O) ou equivalente
• Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida exercer a función propia a desenvolver. Ademais dos requisitos sinalados neste anuncio, deberán cumprirse os demais que se establecen nas bases reguladoras do proceso selectivo. O procedemento de selección será por oposición, e o proceso está exento de taxas. O prazo de presentación de instancias é de 5 días a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (1/6/17). O resto da información pode consultarse nas bases do proceso selectivo, publicadas no taboleiro de anuncios do concello e/ou na páxina web do concello (www.carballino.gal)

