Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO CARBALLIÑO CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

27 Mai 2020

É para operari@s de limpeza viaria

O concello do Carballiño conforme coas bases reguladoras para procesos selectivos e configuración de bolsas de emprego do concello do Carballiño, aprobadas por resolución da concellería delegada de persoal, con data 30 de abril de 2020 publica no BOP do 27 de maio e convócanse os postos de traballo ofertados no anexo I que se xunta a este anuncio e que en resumo son os seguintes:

Núm. postos ofertados; Denominación; Duración estimada;Taxas

Bolsa emprego; Operario de limpeza e mantemento viaria;Segundo necesidades; 2,74 €

Do mesmo xeito e tendo en conta as mesmas bases publícase tamén o anexo II correspondente ás baremacións de méritos comúns para todos os procesos.

 

Os ditos anexos aprobáronse mediante resolución da concellería delegada de persoal, con data 30 de abril de 2020, xunto cunha redución do prazo de presentación de instancias pola urxencia dos procedementos e que será de 5 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, tendo en conta a disposición adicional 3º do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se decreta o estado de alarma no referente ao computo de prazos e que fará que, de publicarse o anuncio antes da finalización do estado de alarma, o computo de prazos comezará a partir da finalización deste.

A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral do concello ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE 02/10/2015).

As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse nun sobre aberto para que sexan seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas. E de presentarse nun rexistro distinto do rexistro xeral municipal será obrigatorio comunicarlle por fax ao concello a presentación da dita instancia así como a xustificación, de ser o caso, do pagamento das taxas efectuado e sempre dentro do prazo de presentación de solicitudes.

No referente ás taxas e ás bonificacións relativas a estas estarase no disposto na Ordenanza reguladora da taxa por dereitos de exame do concello do Carballiño para o ano 2020.

O resto da información pode consultarse no taboleiro de anuncios e/o una páxina web municipal www.carballino.gal

 

Anexo 1.- Postos de traballo ofertados

Operarios de limpeza viaria.

Grupo: outras agrupacións profesionais. Bolsa de emprego.

1.1. Requisitos para o desempeño do posto, ademais dos requisitos xerais sinalados na base décimo primeira, os aspirantes a este posto deberán estar en posesión da titulación do certificado de estudos primarios e/ou equivalente.

1.2. Centro de traballo

Mantemento e limpeza de vías e prazas do concello.

1.3. Exercicios da fase de oposición

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo máximo de realización da proba será dunha hora (60) minutos. Puntuarase 0,20 puntos por cada pregunta acertada. A puntuación máxima desta proba será de 10 puntos. Por cada catro respostas erróneas descontarase unha correcta ou no seu caso, a súa parte proporcional. As respostas en branco non se terán en conta.

Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal relacionado co contido do programa no tempo que determine o tribunal. Cunha puntuación máxima de 10 puntos.

1.4. Programa

Materias comúns

1. A Constitución española de 1978. Título I: “Dos Dereitos e Deberes Fundamentais”.

2. O municipio. O termo municipal.

3. A organización municipal. Órganos unipersoais e órganos colexiados.

Materias específicas

Tema 1. Conceptos xerais sobre sistemas de limpeza. Conceptos de prerrecollida, recollida e recollida selectiva.

Tema 2. Limpeza viaria básica. Varrido e baldeo

Tema 3. Da xestión de residuos na Lei 22/2011, de 28 de xullo de residuos e chans contaminantes.

Tema 4. Principios da política de residuos e competencias administrativas na Lei 22/2011, de 28 de xullo de residuos e chans contaminantes.

Tema 5. Prevención de riscos laborais no sector da limpeza viaria.

Temas 6. Ordenanza municipal de boas prácticas BOP 133 do 12/06/2012.

As preguntas sobre materias comúns non poderán representar máis do 10% das totais.

O temario correspondente ao programa das materias específicas estará exposto na páxina web do concello para a súa consulta, www.carballino.gal

Anexo 2.- Baremación de méritos

A) Experiencia profesional. Máximo 5 puntos.

- Por servizos prestados na Administración local, en postos de traballo de igual ou similar categoría e contido profesional ao convocado: 0,20 puntos/mes de servizos prestados. Puntuación máxima neste apartado 2,50 puntos.

- Por servizos prestados na Administración do Estado ou comunidades autónomas, en postos de traballo de igual ou similar categoría e contido profesional ao convocado: 0,10 puntos/mes de servizos prestados. Puntuación máxima neste apartado 2,50 puntos.

- Por servizos prestados na empresa privada, en postos de traballo de igual ou similar categoría e contido profesional ao convocado:

0,05 puntos/mes de servizos prestados. Puntuación máxima neste apartado 2,50 puntos.

A experiencia profesional deberá acreditarse mediante unha certificación, expedido pola Administración pública na que prestou servizos, facendo constar o posto de traballo que desempeñou e o cómputo total de días, meses ou anos traballados, e certificado de empresa ou contratos de traballo, acompañados de calquera dos documentos anteriores do certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, nos supostos de experiencia profesional na empresa privada. Os aspirantes achegarán cando se requira para a fase de baremación unha relación dos méritos que aleguen, acompañando os documentos xustificativos destes, orixinais ou fotocopias compulsadas (se as fotocopias non veñen compulsadas deben facerse no concello), xa que non se tomarán en conta nin serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados, dentro do prazo de presentación que se habilite para os mesmos.

B) Méritos académicos. Máximo 1 punto.

- Por posuír titulación superior á requirida para o acceso ao posto ofertado: 1 punto.

C) Circunstancias familiares. Máximo 1,50 puntos.

- Por cada membro da unidade familiar a cargo do solicitante que non dispoña de rendas ou ingresos, ou estes sexan inferiores ao salario mínimo interprofesional: 0,25 puntos/membro, ata un máximo de 1 punto. O que se entenderá segundo as normas do IRPF e será acreditado coa declaración da renda do último período impositivo ou documento de valor análogo e oficial onde faga constancia da dita acreditación.

- Por cada mes en situación de desemprego 0,10 puntos/mes ata un máximo de 1,50 puntos.

O que se deberá acreditar mediante certificado/informe actualizado do Servizo Público de Emprego no que conste a situación actual de demandante de emprego do candidato e o período en días/meses/anos inmediatamente anteriores ao da presentación da dita acreditación e de forma continuada mesa situación.

D) Cursos de formación. Máximo 2,50 puntos.

De máis de 150 horas de duración ou de máis de 15 créditos: 0,30 puntos por curso.

De entre 100 e 150 horas de duración ou entre 10 e 15 créditos: 0,25 puntos por curso.

De entre 60 e 99 horas de duración ou entre 6 e 9 créditos: 0,20 puntos por curso.

De entre 30 e 59 horas de duración ou entre 3 e 5 créditos: 0,15 puntos por curso.

De entre 10 e 29 horas de duración ou entre 1 e 2 créditos: 0,10 puntos por curso.

Neste apartado computarase a asistencia a cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidade Autónoma e Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas de administración públicas, directamente relacionados co posto ofertado. (Incluídos os organizados polos Sindicatos no marco do Acordo nacional de Formación Continua).  Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en créditos ou en  número de horas. Tampouco se computarán os cursos cunha duración inferior a un crédito ou 10 horas.

Volver