Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO CARBALLIÑO CREA DÚAS BOLSAS DE EMPREGO

03 Xul 2021

Son para técnicas/os de emprego e para o conservatorio de música

CONVOCATORIA DE TÉCNICAS/OS DE ORIENTACIÓN LABORAL

O concello do Carballiño fai público no BOP do 3 de xullo que, conforme ás bases reguladoras para procesos selectivos e á configuración de bolsas de emprego do concello do Carballiño aprobadas por resolución da concellería delegada de Persoal, convócanse os postos de traballo ofertados no Anexo I, que se xunta a este anuncio e que en resumo son os seguintes:
N.º de postos ofertados; Denominación; Duración estimada;Taxas
Bolsa de emprego; Técnicos/as de orientación laboral; Segundo as necesidades; 2,74 €
Do mesmo xeito e tendo en conta as mesmas bases, publícase tamén o Anexo II, correspondente á baremación dos méritos. Os ditos anexos aprobáronse mediante resolucións da concellería delegada de Persoal, xunto cunha redución do prazo de presentación das solicitudes pola urxencia dos procedementos e que será de 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. A presentación das solicitudes poderá realizarse no rexistro xeral do concello ou en calquera das formas que establece o art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 02/10/2015).
As solicitudes que se presenten a través da oficina de Correos deberán entregarse nun sobre aberto, para que sexan seladas e datadas polo/a funcionario/a de Correos antes de seren certificadas. De presentárense nun rexistro distinto do rexistro xeral municipal, será obrigatorio comunicarlle por fax ao concello que se presentou a dita solicitude, así como a xustificación, se for o caso, do pago das taxas efectuado e sempre dentro do prazo de presentación das solicitudes. No referente ás taxas e ás bonificacións relativas a estas, estarase ao que dispón a Ordenanza reguladora da taxa por dereitos de exame do Concello do Carballiño para o ano 2021. O resto da información pode consultarse no taboleiro web municipal www.carballino.gal

Anexo I
Postos de traballo ofertados
1.Técnicos/as de orientación laboral (bolsa de emprego), grupo A2
1.1. Requisitos para desempeñar o posto
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base décimo primeira, as persoas aspirantes a este posto deberán estar en
posesión da titulación de:
- Título de licenciado/a universitario/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou grao.
- Título universitario de enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a ou grao.
1.2. Centro de traballo
Dependencias municipais da Concellería de Emprego e Promoción Económica do concello
1.3. Exercicios da fase de oposición
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito 50 preguntas tipo test, con catro respostas alternativas, propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo máximo para realizar a proba será dunha hora (60) minutos. Puntuaranse 0,20 puntos por cada pregunta acertada. A puntuación máxima desta proba será de 10 puntos. Por cada catro respostas erróneas, descontarase unha correcta ou, no seu caso, a súa parte proporcional. As respostas en branco non se terán en conta.
Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un caso práctico proposto polo tribunal, relacionado co contido do programa, no tempo que determine o tribunal; cunha puntuación máxima de 10 puntos.
1.4. Programa
Materias comúns
1. A Constitución española de 1978. Concepto e procedemento de elaboración. Estrutura e contido. Principios xerais.
Reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional.
2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Regulación constitucional. Garantía e suspensión dos dereitos e liberdades.
O Valedor do Pobo.
3. A Coroa. Sucesión, rexencia e tutela. O príncipe herdeiro.
A Familia Real e a Casa do Rei. As Atribucións do Rei.
4. As Cortes Xerais. Características e réxime xurídico.
Composición, organización e atribucións das cámaras. Estatuto xurídico dos parlamentarios. Especial referencia á elaboración das leis.
5. O Goberno. Composición, nomeamento, cesamento e responsabilidade dos membros do Goberno. Relacións entre o
Goberno e as Cortes Xerais. O Consello de Estado.
6. A Administración Xeral do Estado. Relacións entre o  Goberno e a Administración. Organización da Administración
Xeral do Estado. A Administración periférica do Estado.
7. A Administración das comunidades autónomas. Constitución das comunidades autónomas. Vías de acceso á Autonomía. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Órganos da comunidade autónoma.

8. A Constitución da Unión Europea. Institucións. O Parlamento Europeo. O Consello. A Comisión. O Tribunal de Xustiza. Outras institucións. O Tratado da Unión Europea. Símbolos europeos. Proceso de adhesión de España á Unión
Europea. Dereito comunitario.
9. A organización administrativa. Principios. Competencia. Xerarquía e coordinación. Descentralización. Desconcentración. Delegación. Advocación.
10. O municipio. Organización municipal.
Materias específicas
1. O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
Distribución territorial de oficinas de emprego. O portal de emprego.
2. Dereitos e deberes da persoa desempregada inscrita como demandante de emprego. Renovación da demanda. O punto de información.
3. O persoal técnico de orientación laboral do SPEG. Accións que desenvolve. Obxectivos e protocolo da entrevista de orientación laboral. Itinerarios personalizados de inserción.
4. A entrevista personalizada. Elaboración de diagnoses individualizadas sobre o perfil, as necesidades e as expectativas
das persoas demandantes de emprego. A motivación no contorno laboral.
5. O desempeño, a elaboración e a realización de itinerarios individuais e personalizados de emprego ás persoas desempregadas (IPI).
6. As técnicas de busca de emprego.
7. O Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
8. Programas de cooperación, Programas mixtos de formación e emprego e programas integrados de emprego da Xunta de Galicia.
9. Recoñecemento das competencias adquiridas pola experiencia laboral para as persoas demandantes de emprego mediante a acreditación oficial da súa cualificación a través de certificados de profesionalidade: lexislación vixente, especialidades e tramitación. Competencias clave: definición e obxectivos.
10. O mercado de traballo. Indicadores do mercado de traballo. Perspectivas no contorno laboral da comarca do Carballiño. As preguntas sobre materias comúns non poderán representar máis do 10% das totais.

Anexo II
Baremación de méritos
A) Formación específica en materia de orientación laboral (máximo 3,5 puntos).
Puntuación:
Máster ou cursos en materias de orientación laboral relacionadas coas tarefas propias do posto de traballo: 0,5 puntos por cada 25 horas formativas.
B) Experiencia profesional (máximo 3,5 puntos).
Puntuación:
A experiencia profesional deberá acreditarse exclusivamente a través do contrato de traballo en que conste o desempeño dunha ocupación igual ou equivalente á requirida, das recollidas na CNO. No caso de traballadores/as autónomos/as, acreditarase coa alta en IAE (e actualización) e coas facturas en que consten os servizos prestados. Xuntarase o informe de vida laboral en ambos os casos. Cando se trate de colaboracións, bolsas, titorías, docencia,
educación social ou servizos sociais, acreditarase coa certificación de organismos oficiais, en que deberá constar o tempo de realización e, de ser o caso, unha copia das condicións da convocatoria. Por cada mes realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado: técnico/a de orientación: orientación laboral/profesional, titorías laborais con persoas adultas, inserción laboral, etc: 0,40 puntos por cada mes. Por cada mes realizando tarefas técnicas indirectamente relacionadas co posto ofertado (máximo 2 puntos nesta epígrafe) (axentes de emprego, prospectores de emprego da Administración pública, etc.): 0,20 puntos por cada mes.
C) Coñecementos ofimáticos debidamente acreditados (máximo 1 punto nesta epígrafe).
Puntuación:
Os coñecementos débense acreditar mediante a achega de títulos, diplomas e/ou certificacións académicas.
Polos cursos acreditados sobre sistemas operativos, programas ofimáticos, programas de deseño e navegadores web, xestión de redes sociais ou espazos web para a publicación de contidos (blogues, wikis…). Non puntúan os cursos inferiores a 15 horas: 0,10 puntos por cada 15 horas de curso.
D) Outros méritos (0,25 puntos)
Puntuación: Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado: 0,25 puntos.
E) Discapacidade (1 punto).
Puntuación: Por ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións do posto mediante o certificado correspondente do órgano competente: 1 punto.

CONVOCATORIA DE DOCENTE PARA O CONSERVATORIO MUNICIPAL

Asemade, conforme as bases reguladoras para procesos selectivos e configuración de bolsas de emprego do concello do Carballiño aprobadas por resolución da concellería delegada de Persoal, convócanse os postos de traballo ofertados no Anexo I que se xunta a este anuncio e que en resumo son os seguintes:


N.º de postos ofertados; Denominación; Duración estimada; Taxas
Bolsas de emprego; Docente do Conservatorio municipal, especialidade de canto; Segundo as necesidades; 2,74 €
Bolsas de emprego; Docente do Conservatorio municipal, especialidade de vento/metal; Segundo as necesidades; 2,74 €
Do mesmo xeito e tendo en conta as mesmas bases, publícase tamén o Anexo II, correspondente ás baremacións de méritos comúns para todos os procesos. Os ditos anexos aprobáronse mediante resolucións da concellería delegada de Persoal, xunto cunha redución do prazo de presentación das solicitudes pola urxencia dos procedementos e que será de 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. A presentación das solicitudes poderá realizarse no rexistro xeral do concello ou en calquera das formas que establece o art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 02/10/2015). As solicitudes que se presenten a través da oficina de Correos deberán entregarse nun sobre aberto, para que sexan seladas e datadas polo/a funcionario/a de Correos antes de seren certificadas. De presentárense nun rexistro distinto do rexistro xeral municipal, será obrigatorio comunicar por fax ao concello que se presentou a dita solicitude, así como xustificar, de ser o caso, o pago das taxas efectuado, e sempre dentro do prazo de presentación das solicitudes. No referente ás taxas e ás bonificacións relativas a estas, estarase ao que dispón a Ordenanza reguladora da taxa por dereitos de exame do Concello do Carballiño para o ano 2021. O resto da información pode consultarse no taboleiro de anuncios e/ou na web municipal www.carballino.gal


Anexo 1
Postos de traballo ofertados
1.Docente do Conservatorio municipal, especialidade de canto (bolsa de emprego), grupo A2
1.1. Requisitos para desempeñar o posto
Ademais dos requisitos xerais sinalados na base décimo primeira, as persoas aspirantes a este posto deberán estar en
posesión da titulación de: título universitario de grao LOE na especialidade, título superior da especialidade (LOGSE) ou título profesional de grao medio (Plan-66) ou superior en canto ou similares ou equivalentes.
1.2. Centro de traballo
Dependencias do Conservatorio e Escola Municipal de Música do concello e instalacións dependentes.
1.3. Exercicios da fase de oposición
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo máximo para realizar a proba será de unha hora (60) minutos. Puntuaranse 0,20 puntos por cada pregunta acertada. A puntuación máxima desta proba será de 10 puntos. Por cada catro respostas erróneas, descontarase unha correcta ou, no seu caso, a parte proporcional. As respostas en branco non se terán en conta.
Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en resolver un caso práctico proposto polo tribunal, relacionado co contido do programa (audición, defensa dunha unidade didáctica...) no tempo que determine o tribunal; cunha puntuación máxima de 10 puntos.
1.4. Programa
Materias comúns
1. A Constitución española de 1978. Título I “Dos dereitos e deberes fundamentais”.
2. O municipio. O termo municipal.
3. A organización municipal. Órganos unipersoais e órganos colexiados.

Materias específicas
Canto
1.º A técnica moderna do canto: principios fundamentais.
Achega ao desenvolvemento da técnica moderna dos grandes cantantes e pedagogos.
2.º Características, referidas á evolución do estilo e da escritura vogal, do repertorio do século XIX: ópera e oratorio.
3.º A voz no canto coral. Características do repertorio básico e progresivo.
4.º A práctica de grupo nas ensinanzas profesionais.
Programación das actividades colectivas neste nivel: repertorio para conxuntos vogais, conceptos relativos á linguaxe musical, técnica de interpretación en grupo, audición, improvisación e outros aspectos. As preguntas sobre materias comúns non poderán representar máis do 10% das totais
2. Docente do Conservatorio municipal, especialidade de vento/metal (bolsa de emprego), grupo A2

Ademais dos requisitos xerais sinalados na base décimo primeira, as persoas aspirantes a este posto deberán estar en
posesión da titulación de: título universitario de grao LOE na especialidade, título superior da especialidade (LOGSE) ou título profesional de grao medio (Plan-66) ou superior en vento/metal ou similares ou equivalentes.
1.2. Centro de traballo
Dependencias do Conservatorio e Escola Municipal de Música do concello e instalacións dependentes.
1.3. Exercicios da fase de oposición
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo máximo para realizar a proba será de unha hora (60) minutos. Puntuaranse 0,20 puntos por cada pregunta acertada. A puntuación máxima desta proba será de 10 puntos. Por cada catro respostas erróneas, descontarase unha correcta ou, no seu caso, a parte proporcional. As respostas en branco non se terán en conta.
Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un caso práctico proposto polo tribunal relacionado co contido do programa (audición, defensa dunha unidade didáctica...) no tempo que determine o tribunal; cunha puntuación máxima de 10 puntos.
1.4. Programa
Materias comúns
1. A Constitución española de 1978. Título I “Dos dereitos e deberes fundamentais”.
2. O municipio. O termo municipal.
3. A organización municipal. Órganos unipersoais e órganos colexiados.
Materias específicas
Vento/metal
1.º Evolución histórica dos instrumentos de vento metal.
Sistema de válvulas e pistóns e a súa aplicación nos instrumentos de vento.
2.º Principios físicos da produción do son nos tubos sonoros (clasificación, produción, propagación e recepción do son), factores que inflúen na sonoridade.
3.º Descrición e funcionamento do aparato respiratorio. A columna do aire e o seu control na técnica xeral de cada instrumento.
4.º Sistemas metodolóxicos de iniciación ao instrumento (kodaly, dalcroze, szuki, e.william, orff…) e a práctica en grupo en grao elemental.
As preguntas sobre materias comúns non poderán representar máis do 10% das totais.

Anexo 2
Baremación dos méritos
A) Experiencia profesional. Máximo 5 puntos.
- Por servizos prestados na Administración local, en postos de traballo de igual ou similar categoría e contido profesional ao convocado: 0,20 puntos/mes de servizos prestados. Puntuación máxima neste apartado: 2,50 puntos.
- Por servizos prestados na Administración do Estado ou comunidades autónomas, en postos de traballo de igual ou
similar categoría e contido profesional ao convocado: 0,10 puntos/mes de servizos prestados. Puntuación máxima neste apartado: 2,50 puntos.
- Por servizos prestados na empresa privada, en postos de traballo de igual ou similar categoría e contido profesional ao convocado:
0,05 puntos/mes de servizos prestados. Puntuación máxima neste apartado: 2,50 puntos.
A experiencia profesional deberá acreditarse mediante unha certificación, expedida pola Administración pública na que
prestou servizos e faranse constar o posto de traballo que desempeñou e o cómputo total de días, meses ou anos traballados. E certificado de empresa ou contratos de traballo, xunto con calquera dos documentos anteriores do  certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, nos supostos de experiencia profesional na empresa privada. As persoas aspirantes achegarán, cando se requira para a fase de baremación, unha relación dos méritos que aleguen, xunto cos documentos xustificativos destes, orixinais ou fotocopias compulsadas (se as fotocopias non veñen compulsadas deben facerse no concello), xa que non se tomarán en conta nin serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados, dentro do prazo de presentación que se habilite para eles.
B) Méritos académicos. Máximo 1 punto.
- Por posuír unha titulación superior á requirida para acceder ao posto ofertado: 1 punto.
C) Circunstancias familiares. Máximo 1,50 puntos.
Por cada membro da unidade familiar a cargo da persoa solicitante que non dispoña de rendas ou ingresos ou estes sexan inferiores ao salario mínimo interprofesional: 0,25 puntos/membro, ata un máximo de 1 punto. Isto entenderase segundo as normas do IRPF e será acreditado coa declaración da renda do último período impositivo ou mediante un documento de valor análogo e oficial onde conste a dita acreditación.
- Por cada mes en situación de desemprego: 0,10 puntos/mes, ata un máximo de 1,50 puntos.
Isto deberase acreditar mediante un certificado/informe do Servizo Público de Emprego actualizado no que conste a situación actual de demandante de emprego da persoa candidata e o período en días/meses/anos inmediatamente  anteriores ao de presentar a dita acreditación e de forma continuada nesa situación.
D) Cursos de formación. Máximo 2,50 puntos.
De máis de 150 horas de duración ou de máis de 15 créditos: 0,30 puntos por curso.
De entre 100 e 150 horas de duración ou entre 10 e 15 créditos: 0,25 puntos por curso.
De entre 60 e 99 horas de duración ou entre 6 e 9 créditos: 0,20 puntos por curso.
De entre 30 e 59 horas de duración ou entre 3 e 5 créditos: 0,15 puntos por curso.
De entre 10 e 29 horas de duración ou entre 1 e 2 créditos: 0,10 puntos por curso.
Neste apartado, computarase a asistencia a cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais
dependentes da Administración do Estado, comunidade autónoma e Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas de administración públicas, directamente relacionados co posto ofertado. (Incluídos os organizados polos sindicatos no marco do Acordo nacional de formación continua). Non se terán en conta os certificados ou  diplomas nos que non se especifique a duración do curso en créditos ou en número de horas. Tampouco se computarán os cursos cunha duración inferior a un crédito ou 10 horas

Volver