Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO CARBALLIÑO CONVOCA TRES PRAZAS PARA A POLICÍA LOCAL

12 Mai 2016

Son contratos temporais durante a tempada do verán

O concello do Carballiño fai público no  BOP do 12 de maio a convocatoria para a contratación de tres policías locais no Carballiño para un período de catro meses, durante a tempada estival. O prazo para a presentación de instancias comeza o venres 13 de maio, e remata o luns 16 de maio. Aqueles aspirantes que xa tivesen concurrido á anterior convocatoria, só deberán presentar a instancia, mentres o resto de aspirantes terán que  acompañar as instancias coa documentación requerida para poder acceder a estas prazas. Todas as persoas que se anoten poderán realizar o curso previo obligatorio na Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada.

PODERÁS PRESENTAR A TÚA SOLICITUDE NOS DÍAS 13 (VENRES), 14 (SÁBADO) E 16 (LUNS)

Para descarregar o anuncio do BOP abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver