O CONCELLO DO BOLO OFERTA UNHA PRAZA DE INFORMADOR/A TURÍSTICO
O proceso de elección será un concurso de méritos
O concello do Bolo fai público no BOP do 5 de marzo que, por resolución da alcaldía, con data 15 de febreiro de 2021, aprobouse a contratación da praza de informador/a turístico en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos. Na sede electrónica [enderezo https:// obolo. sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios do concello, aparecen integramente publicadas as bases que han de rexer a convocatoria para a contratación da praza. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello [dirección https:// obolo. selectronica.gal] e no taboleiro de anuncios do concello.

