O CONCELLO DO BOLO OFERTA UN POSTO TEMPORAL
Trátase dun contrato de 5 meses como informador/a turístico
O concello do Bolo fai público no BOP do 2 de abri por resolución da presidencia de data 20 de marzo de 2018, a aprobación das bases para a contratación de 1 informador/a turístico (con cargo ao Programa de cooperación en materia de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense). Será persoal laboral temporal a tempo parcial (30 horas semanais). A duración do contrato será de 5 meses. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (2/4/2018). O lugar de presentación é o rexistro xeral do concello do Bolo, en horario de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As bases específicas da convocatoria pódense consultar nas oficinas municipais do concello do Bolo ou na sede electrónica: http://obolo.sedelectronica.gal

