Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO BOLO OFERTA UN CONTRATO TEMPORAL

12 Xun 2020

É para o posto de operaria/o de servizos múltiples

O concello do Bolo fai pública no BOP do 12 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica:

1. Número e denominación da praza: un/ha operaria/o de servizos múltiples ao amparo do Programa provincial de empregabilidade 2020.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa, de duración determinada.

3. Duración do contrato: 6 meses e medio.

4. Sistema de selección: concurso.

5. Lugar e data de presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello do Bolo, a través da súa sede electrónica ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos cinco días naturais seguintes contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

6. Exposición das bases: o texto completo das bases estará exposto no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello do Bolo (https://obolo. sedelectronica.gal)

Volver