Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO BOLO OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS

07 Mai 2020

Son para operari@s de servizos múltiples

-

O concello do Bolo fai públicas no BOP do 7 de maio as bases de selección para a contratación laboral temporal, a xornada completa, de dous operarios de servizos múltiples

Primeiro. Obxecto da convocatoria
É obxecto destas bases a selección de dous operarios de servizos múltiples como persoal laboral temporal
Denominación da praza: Operarios de servizos múltiples
Réxime: Persoal laboral temporal a xornada completa
Grupo profesional: Peón
Funcións que se van desempeñar; Protección e limpeza de zonas naturais - Tarefas auxiliares na realización de todo tipo
de actividades e servizos do concello
Segundo. Modalidade do contrato
A natureza do contrato será laboral temporal, a xornada completa,ao amparo da lexislación vixente, iniciándose a prestación desde a data da sinatura do contrato e por un período de seis meses e medio. O primeiros quince días serán o período de proba.
Terceiro. Condicións de admisión de aspirantes
Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro:
a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do
empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado.
No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público.
f) Estar en posesión do permiso de conducir clase B.
Cuarto. Forma e prazo de presentación de instancias
As solicitudes (anexo I) requirindo tomar parte no correspondentes proceso de selección, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nestas bases xerais, dirixiranse ao alcalde deste concello e presentaranse no rexistro electrónico xeral deste concello (obolo. sedeelectronica. gal) ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015,do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. As bases íntegras publicaranse igualmente na sede electrónica deste concello [dirección https:// obolo.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios do concello
Quinto. Admisión de aspirantes
Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía ditará resolución no prazo de tres (3) días declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na devandita resolución, que se publicará na sede electrónica deste concello [obolo.sedelectronica.gal] e no taboleiro de anuncios do concello sinalarase un prazo de tres (3) días hábiles para corrección. Logo de transcorrer o prazo de corrección, a alcaldía aprobará a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, que se publicará na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios. Igualmente, publicarase a data na que se efectuará a baremación de méritos.
Sexto. Tribunal cualificador
A composición do tribunal cualificador é a seguinte:

Cargo; Identidade
Presidente; Manuel Corzo Macías
Vocal; Olivia García Rodríguez
Secretario; A da Corporación
A abstención e recusación dos membros do tribunal será de conformidade cos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Os membros do tribunal son persoalmente responsables do estrito cumprimento das bases da convocatoria, da suxeición aos prazos establecidos para a realización e valoración das probas
e para a publicación dos resultados. As dúbidas ou reclamacións que poidan orixinarse coa interpretación da aplicación
das bases destas convocatoria, así como o que deba facerse nos casos non previstos, serán resoltas polo tribunal, por maioría.
Sétimo. Sistema de selección e desenvolvemento do proceso
A selección realizarase de conformidade co previsto nestas bases polo sistema de concurso de méritos, e entre os candidatos que no prazo establecido presentaran a súa documentación.
Baremo de méritos:
1) Experiencia profesional: por servizos prestados e ata un máximo de 10 puntos:
- Experiencia laboral en categoría igual en administracións públicas: puntuarase con 0,50 puntos por mes traballado ou
fracción superior a 15 días.

- Experiencia laboral en categoría igual no ámbito privado:
puntuarase con 0,10 puntos por cada mes traballado ou fracción superior a 15 días.
Xustificarase coa copia dos contratos correspondentes
2) Coñecemento do territorio:
- Polo coñecemento acreditado do territorio: 2 puntos. Acreditarase con certificado de empadroamento cunha antigüidade mínima de seis meses
Oitava. Cualificación
Unha vez valorados todos os méritos alegados polos aspirantes que reúnan as condicións esixidas, o tribunal formulará a proposta de nomeamento a favor do candidato que obtivese a maior puntuación que se publicará no taboleiro de anuncios do concello.
Novena. Relación de aprobados, acreditación de requisitos esixidos e formalización do contrato
Logo de concluídas as probas, elevarase ao órgano competente a proposta de candidatos para a formalización dos contratos, que en ningún caso poderá exceder do número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito. O órgano competente procederá á formalización dos contratos con acreditación previa das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Formalizado o contrato deberase comunicar á oficina pública de emprego que corresponda, no prazo dos dez días seguintes á súa concertación; así mesmo, deberase informar á representación legal dos traballadores, mediante entrega dunha copia
básica dos contratos realizados. Ata que estes se formalicen e se incorporen aos postos de traballo correspondentes, os aspirantes non terán dereito a percepción económica ningunha.
Décima. Constitución de bolsa de emprego
Constituirase unha bolsa de emprego coas persoas que superen o proceso de selección e non resulten contratadas, co fin de que poida ser utilizada en futuros chamamentos que puidesen resultar necesarios para cubrir vacantes temporais debidas a baixas por enfermidade, etc. A bolsa será ordenada segundo a puntuación obtida. Esta bolsa de emprego terá unha vixencia máxima dun (1) ano
Undécima. Incidencias
Estas bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, a xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a xurisdición social. Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante a alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o xulgado
do Contencioso-Administrativo de Ourense a partir do día seguinte ao de publicación do seu anuncio no Boletín Oficial da
Provincia de Ourense (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).


Anexo I
Modelo de instancia
Primeiro apelido ...
Segundo apelido ...
Nome ... DNI ...
Tfno.: ... Correo electrónico ...
Domicilio para os efecto de notificacións ...
Declaro:
1º.- Que coñezo na súa integridade as bases que rexen este convocatoria.
2º.- Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos na convocatoria.
3º.- Que autorizo ao Concello do Bolo á publicación dos meus datos persoais no taboleiro de anuncios de concello, ao ser a publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección.
Solicito:
Ser admitido na convocatoria para a selección de dous traballadores coa categoría de operario de servizos múltiples, co fin de participar nas probas de selección correspondente.

O Bolo, ... de ... de 2020

Volver