O CONCELLO DO BOLO OFERTA CINCO POSTOS DE TRABALLO
Formarán a brigada contra incendios forestais
O concello do Bolo fai pública no BOP do 27 de maio a convocatoria para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2021, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía, con data 21 de maio de 2021
- 1 xefa/e de brigada
- 1 pión- condutor/a
- 3 pións
Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa
Duración: 3 meses
Sistema de selección: concurso de méritos e entrevista
Bases da convocatoria: oficinas municipais, www.obolo.es , http://obolo.sedelectronica.gal
Lugar e prazo de presentación de instancias: Rexistro Xeral do concello do Bolo ou polas outras formas previstas na Lei de procedemento administrativo común no prazo de 3 días laborais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no BOP.

