Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO ABRE UNHA NOVA BOLSA DE TRABALLO

12 Mai 2016

Convocan o proceso de selección para constituír unha bolsa de traballo para axudant@s de cociña e limpeza

O concello do Barco de Valdeorras publica no BOP do 12 de maio as bases e convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a categoría de axudante de cociña e limpeza para a Escola Infantil Municipal do Concello do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais. Por resolución da alcaldía de data 26 de abril de 2016, acordaron aprobar as bases e convocar o proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a categoría de axudante de cociña e limpeza para a Escola Infantil Municipal do Concello do Barco de Valdeorras, para cubrir eventuais necesidades de contratación, de carácter non permanente, que xurdan por razóns de servizo e que non poidan ser cubertas con persoal do propio concello, comezando o prazo de presentación de solicitudes de participación a contar a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e das bases no BOP.

O prazo para a presentación de solicitudes é de sete días hábiles

Se queres descarregar as bases da convocatoria pica no pdf de debaixo da fotografía

Volver