O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA DE TÉCNIC@ PARA SERVIZOS SOCIAIS
Desenvolverá o programa de educación familiar durante o ano 2016
O concello do Barco de Valdeorras convocou o proceso de selección para a contratación laboral temporal, a tempo parcial, dun/dunha técnico/a para o Departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco de Valdeorras, para desenvolver o programa de educación familiar, durante o ano 2016.
O prazo para a presentación de solicitudes é de sete días hábiles
Por resolución da alcaldía de data 12 de abril de 2016, acordaron aprobar as bases e convocar o proceso de selección para a contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a tempo parcial (20 h/sem.), dun/dunha técnico/a para o Departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco de Valdeorras, para desenvolver o Programa de educación familiar, durante o ano 2016, comezando o prazo de presentación de solicitudes de participación a contar a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e das bases no BOP de Ourense (25/04/2016).
O PDF SITUADO DE DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA CONTÉN AS BASES DO PROCESO

