Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS PUBLICA A OFERTA PARA A CONTRATACIÓN DE MONITOR@S

15 Xun 2016

Necesita docentes para a impartición de dous cursos AFD

O concello do Barco de Valdeorras fai dúas convocatorias para contratacións laborais temporais, a tempo parcial. Unha delas será de 7 horas diarias, dun/dunha docente para impartir as tres UC e do módulo de prácticas profesionais non laborais que forman parte do temario do curso do plan AFD, correspondente a un certificado de profesionalidade de nivel 2, denominado "Instalación de mobles". No outro caso trátase de 6 horas diarias, dun/dunha docente para a impartir as tres UC e do módulo de prácticas profesionais non laborais que forman parte do temario do curso do plan AFD, correspondente a un certificado de profesionalidade de nivel 2, denominado "Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes". O prazo para a presentación de solicitudes é de cinco días hábiles.

Se queres descargar os anuncios da convocatoria preme nos pdf que están debaixo da fotografía

Volver