Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA TEMPORAL

18 Nov 2016

O posto é de traballador social e o contrato abrangue todo o ano 2017

O concello do Barco de Valdeorras publica no BOP do venres 18 de novembro a convocatoria do proceso de selección para a contratación laboral temporal dun/dunha traballador/a social, para o Departamento de Servizos Sociais do concello do Barco de Valdeorras, para o ano 2017. A convocatoria do proceso de selección, segundo as bases aprobadas mediante resolución da alcaldía con data 15 de novembro de 2016 é a seguinte:
Denominación do posto: Traballador/a social para prestar o servizo no Departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco de Valdeorras para o  ano 2017, realizando as funcións descritas no anexo IV das bases de convocatoria, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a xornada completa, condicionando o contrato á subvención que se reciba da Xunta de Galicia para a dita finalidade a través da normativa reguladora dos servizos sociais comunitarios.
Titulación e requisitos esixidos: Os esixidos no artigo 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros:Estar en posesión da titulación de diplomatura en Traballo Social ou grao universitario en Traballo Social na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
- Estar en posesión do permiso de conducir en vigor, clase B, e dispoñibilidade de coche.
*Duración do contrato e documentación: O indicado nas bases de convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante o sistema concurso-oposición, dun/dunha traballador/a social para o Departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco de Valdeorras, que se entregarán na Oficina de Información do concello, estando tamén dispoñibles na páxina web do concello: www.concellodobarco.org.
*Presentación de instancias:  No Rexistro Xeral do concello ou polas outras formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da
Provincia de Ourense”, sendo o horario de presentación de documentación de luns a venres: 9.00 a 14.00 h.
Para descarregar as bases pica nos pdf que están debaixo da fotografía.

Volver