Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS OFERTA UNHA PRAZA DE FUNCIONARI@

15 Feb 2017

Publican as bases e convocatoria do proceso de selección dunha praza vacante de técnico/a de administración xeral

Por acordo da xunta de goberno local do 19 de xaneiro do 2017 acordaron convocar o proceso e aprobar as súas bases reguladoras para cubrir, en propiedade, unha praza vacante de técnic@ de administración xeral para o concello do Barco de Valdeorras, polo que dan publicidade no BOP do 15 de febreiro.

Trátase dun posto de técnic@ de administración xeral, funcionario englobado na escala da administración xeral e subescala técnica, grupo A, subgrupo A1 e nível de destino 27. O sistema de selección é por oposición, da praza vacante incluída na oferta de emprego público do ano 2016 do concello do Barco de Valdeorras (publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 207, do 31 de outubro do 2016 e no Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 246, do 25 de outubro do 2016).

Pra descarregar as bases pica no pdf que está debaixo da fotografía.

Volver