Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS OFERTA UN POSTO DE MESTR@ DE MÚSICA

29 Ago 2019

Trátase dun contrato a tempo parcial

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do 29 de agosto a convocatoria para a contratación laboral temporal, a tempo parcial (12 h/sem.), a través da modalidade contractual de servizo determinado, dun/dunha profesor/a de música, especialidade trompeta, para impartir clases no Conservatorio Municipal e na Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras. Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante resolución da Alcaldía con data 20 de agosto de 2019:
*Denominación do posto:
- Un/Unha profesor/a de música, especialidade trompeta, para impartir clases no Conservatorio Municipal e na Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras (12 h/sem.), durante o período escolar 2019-2020, sendo a duración máxima do contrato ata o 15/09/2020, quedando rescindida nese momento a relación laboral co concello para todos os efectos.
*Titulacións esixida:
- Posuír algunha das seguintes titulacións:
*Título de profesor/a de música (plan 1966), especialidade trompeta.
*Título de profesor/a superior de música (plan 1966), especialidade trompeta.
*Título superior de música (plan LOGSE ou LOE), na especialidade de trompeta.
*Obxecto:
- Impartición de clases de música, especialidade trompeta, no Conservatorio Municipal e na Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras, sendo a duración máxima do contrato ata o 15/09/2020, quedando rescindida nese momento a relación laboral con concello para todos os efectos.
*Documentación:
- As esixidas nas bases de convocatoria que estarán dispoñibles no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).
*Presentación de instancias:
- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense”.
- As bases e o anuncio da convocatoria publicarase no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada
a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello.

Volver