O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS OFERTA DÚAS PRAZAS PARA A POLICÍA LOCAL
Publican as vacantes de funcionarios de carreira de dúas prazas de policía local
O concello do Barco de Valdeorras convocou por resolución da Alcaldía do 18 de abril de 2016, o proceso, e aprobou as súas bases reguladoras para cubrir, en propiedade, dúas prazas vacantes de funcionario de carreira incluídas na oferta de emprego público do exercicio 2013 (publicada no BOP n.º 10, do 14.01.2014 e no DOG n.º 11, do 17.01.2014) pertencentes á administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, polo que se lles dá preceptiva publicidade no BOP do 5 de maio de 2016.
O documento pdf que está debaixo da fotografía contén as bases do proceso

