anuncio mestr@ musica barco 24 8 (544.0 KiB)
anuncio tecnic@ barco 24 8 (510.2 KiB)
bases seleccion educadora escola infantil barco 24 8 (9.7 MiB)
bases seleccion mestre harmonia barco 24 8 (9.2 MiB)
solicitude educadora escola infantil barco 24 8 (95.6 KiB)
solicitude mestre harmonia barco 24 8 (95.2 KiB)
PARTILHAR
O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS OFERTA DÚAS NOVAS PRAZAS
Son contratos laborais temporais para un/ha mestr@ de música e un/ha técnic@ medio
O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP de hoxe, 24 de agosto a convocatoria para a contratación laboral temporal, a tempo parcial, a través da modalidade contractual de servizo determinado, dun/dunha profesor/a de música, especialidade harmonía, para impartir clases no Conservatorio Municipal e na Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras, durante o período escolar 2016-2017. Do mesmo xeito tamén fai a convocatoria para a contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a xornada completa, dun/dunha técnico/a medio (educador/a) para prestar servizo na Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras, dependente do departamento de servizos sociais do concello do Barco de Valdeorras, durante o ano 2016.
O prazo para a presentación de solicitudes é de sete días hábiles
Para descarregar os anuncios do BOP, bases de selección e modelos de solicitude pica no pdf que está debaixo da fotografía