Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS OFERTA DOUS POSTOS TEMPORAIS E CREA DÚAS BOLSAS DE TRABALLO

02 Abr 2019

Son contratos para electricista, auxiliar administrativ@ e bolsas para pións e oficiais de parques e xardíns

O concello do Barco de Valdeorras fai público no BOP do 2 de abril as convocatorias para a contratación laboral temporal dun/dunha oficial de 2ª de electricidade, dun/dunha auxiliar administrativo/a para servizos municipais e crea bolsas de traballo para oficiais e pións de segunda de parques e xardíns.

Convocatoria do proceso de selección para a contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a tempo parcial (6 h/día), dun/dunha oficial de 2ª de electricidade, sendo a duración do contrato até o 31/10/2019.

Convocatoria para a contratación laboral temporal, a tempo parcial (30h/sem), a través da modalidade contractual de servizo determinado, dun/dunha auxiliar administrativo/a para servizos municipais

Convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a categoría de oficial de segunda de parques e xardíns do Concello do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa até o 31/12/2020.

Convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a categoría de pión de parques e xardíns do Concello do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa até o 31/12/2020.

As bases e os anuncios das convocatorias publicaranse no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org)

Volver