O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS CREA UNHA BOLSA DE TRABALLO
É pra cubrir
O concello do Barco de Valdeorras fai público no BOP do 5 de abril a convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a ocupación de técnico/a especialista en xardín de infancia para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa até o 31/12/2018. A denominación da ocupación da bolsa de traballo:
- Técnico/a especialista en xardín de infancia para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras.
*Obxecto:
- Formación de bolsa de traballo para a ocupación de técnico/a especialista en xardín de infancia para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras, mediante o sistema de concurso-oposición, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2018, para posibles coberturas temporais, sendo as funcións para realizar as descritas no artigo 1º das bases de convocatoria.
*Titulación e requisitos esixidos:
Os esixidos no artigo 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros:
- Estar en posesión da titulación de técnico/a especialista en xardín de infancia ou ciclo superior en educación infantil ou equivalente na data na que remate o prazo de presentación de instancias; no suposto de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.
- Estar en posesión do certificado de formación en hixiene e manipulación de alimentos ou tarxeta ou carné de manipulador de alimentos e tamén ter un curso ou xornada de primeiros auxilios (entendido como curso/xornada independente, non como módulo integrante dun curso, nin como materia dun curso académico).
- Ter posta a vacina contra a rubéola, cando o/a aspirante que opte a esta convocatoria sexa unha muller.
*Documentación:
- A esixida nas bases de convocatoria, que se entregará na oficina de información do Concello, estando tamén dispoñibles no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).
*Presentación de instancias:
- No rexistro físico (de 09.00 a 14.00 horas dos días hábiles) ou no rexistro electrónico do concello do Barco de Valdeorras (o primeiro atópase no edificio núm. 2 da Praza do Concello da Vila do Barco e o segundo na sede electrónica do Concello na páxina web da rede de internet á que se pode acceder na https://sede.concellodobarco. org) durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (5/4/17. As solicitudes poderanse remitir tamén na forma determinada no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderán presentarse de acordo co previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo co que dispón a disposición derrogatoria única en relación coa disposición final 7ª da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
As bases e o anuncio da convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do concello (Praza do Concello, n.º 1) e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no taboleiro de edictos electrónico do concello

