Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

05 Nov 2020

É para funcionari@s interin@s para os postos de técnico da administración xeral

O concello do Barco de Valdeorras fai público no BOP do 5 de novembro por resolución da alcaldía, do 9 de outubro do 2020, o acordo de aprobar as bases reguladoras e convocar o proceso para a creación dunha bolsa para posibles nomeamentos de funcionarios interinos para os postos de técnico da administración xeral, escala administración xeral subescala técnica.

Acordouse tamén publicar o texto íntegro das bases e anunciar a convocatoria no BOP de Ourense, para que no prazo de 7 días hábiles, contado dende o día seguinte a esta publicación, os interesados presenten a solicitude de participación e documentación esixida nas bases reguladoras. Contra o acordo de aprobación das bases, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes desde a súa publicación; ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Ourense que corresponda, no prazo de dous meses, desde a súa publicación.

Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver