Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO E ANUNCIA UNHA NOVA CONTRATACIÓN

19 Feb 2021

Crea unha bolsa de emprego para parques e xardíns e oferta un contrato temporal para un/ha oficial electricista

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do 19 de febreiro a convocatoria do proceso de selección para a contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a xornada completa, dun/dunha oficial de 2ª de electricidade, sendo a duración do contrato dende a súa formalización ata o 15 de novembro do ano en curso, finalizando nesa data para todos os efectos a relación laboral co concello, estando subvencionada a contratación ao abeiro do Programa de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio 2021

 - Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante Resolución da alcaldía, con data 15 de febreiro de 2021:

 *Denominación do posto:

 

Contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a xornada completa, dun/dunha oficial de 2ª de electricidade, para desempeñar as funcións descritas no art. 2 das bases de selección. A duración do citado contrato será dende a súa formalización ata o 15 de novembro do ano en curso, finalizando nesa data, para todos os efectos a relación laboral co concello; trátase dunha contratación laboral temporal, subvencionada pola Deputación de Ourense ao abeiro do Programa de Cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio 2021, polo que se establece a duración do contrato en función do período máximo subvencionadob indicado na  convocatoria de axudas.

 *Titulación e requisitos esixidos:

 Os esixidos no art. 4º das bases de convocatoria, referidos á data na que remata o prazo de solicitudes, sendo entre outros:

1. Estar en posesión da titulación de graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria ou titulación equivalente ou estudos superiores; no caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.

2. Ademais, acreditar unha das seguintes titulacións ou competencias, necesarias para poder exercer profesionalmente no ámbito do Regulamento electrotécnico para baixa tensión:

a. Dispor dun título universitario, onde o plan de estudos cubra as materias obxecto do Regulamento electrotécnico para

baixa tensión e das súas instrucións técnicas complementarias.

b. Dispor dun título de formación profesional ou dun certificado de profesionalidade incluído no Catálogo nacional de cualificacións profesionais, onde o ámbito competencial coincida coas materias obxecto do Regulamento electrotécnico para baixa tensión e das súas instrucións técnicas complementarias.

c. Ter recoñecida a competencia profesional adquirida por experiencia laboral, de acordo co estipulado no Real decreto

1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, nas materias obxecto do Regulamento electrotécnico para baixa tensión e das súas instrucións técnicas complementarias d. Dispor dun certificado de profesión ou carné vixente para poder traballar no ámbito do REBT.

3. Estar en posesión do permiso de conducir en vigor, clase B.

 *Documentación:

- As esixidas nas bases de convocatoria que estarán dispoñibles no taboleiro de edictos electrónico do concello

(https://sede.concellodobarco.org).

 *Presentación de instancias:

- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

- As bases e o anuncio da convocatoria publicarase no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no taboleiro de edictos electrónico do concello.

  BOLSA DE EMPREGO PARQUES E XARDÍNS

Convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a categoría de oficial de segunda de parques e xardíns do Concello do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022.

Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante Resolución da Alcaldía con data 16 de febreiro de 2021:

*Denominación da categoría da bolsa de traballo:

- Oficial de segunda de parques e xardíns para o Concello do Barco de Valdeorras.

*Obxecto:

- Formación dunha bolsa de traballo para a categoría de oficial de segunda de parques e xardíns do Concello do Barco de Valdeorras, mediante o sistema concurso-oposición, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022, para cubrir eventuais necesidades de contratación, de carácter non permanente, que xurdan por razóns de servizo e non poidan ser atendidas por persoal do propio concello.

*Titulación e requisitos esixidos:

Os esixidos no art. 3º das bases de convocatoria, referidos á data na que remata o prazo de solicitudes, sendo entre outros:

- Estar en posesión da titulación de graduado/a en Educación Secundaria ou titulación equivalente ou estudos superiores; no caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.

- Estar en posesión do permiso de conducir en vigor, B.

*Documentación:

- As esixidas nas bases de convocatoria, dispoñibles no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).

*Presentación de instancias:

- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

- As bases e o anuncio da convocatoria publicaranse no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no taboleiro de edictos electrónico do concello

Volver