Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS CREA UNHA BOLSA DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

04 Dec 2019

É un concurso oposición

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do 4 de decembro a convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a categoría de auxiliar de axuda no fogar para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa deica o 31/12/2021.
Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante resolución de alcaldía, de data 25 de novembro de 2019:
* Denominación da ocupación da bolsa de traballo a ampliar:
- Auxiliar de axuda no fogar do Concello do Barco de Valdeorras.
* Obxecto:
- Formación de bolsa de traballo para a categoría de auxiliar de axuda no fogar, mediante o sistema de concurso-oposición, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2021, para posibles coberturas temporais, sendo as funcións para realizar as descritas no artigo 1º das bases de convocatoria.
* Requisitos esixidos:
Os esixidos no artigo 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros:
1. Estar en posesión da titulación de Certificado de Escolaridade, equivalente ou estudos superiores; no caso de
equivalencia ou homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas.
2. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou certificados:
- O título de técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería establecido polo Real decreto 546/1995, do 7 de abril, ou os títulos equivalentes de técnico/a Auxiliar de Clínica, técnico/a Auxiliar de Psiquiatría ou técnico/a Auxiliar de Enfermería que se establecen no Real decreto 777/1998, do 30 de abril.
- O título de técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, regulado polo Real decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou o título equivalente de técnico/a de Atención Sociosanitaria, establecido polo Real decreto 496/2003, do 2 de maio.
- O Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, regulado polo Real decreto, 1379/2008, do 1 de agosto.
- O Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, ou o equivalente Certificado de Profesionalidade de Ocupación de Auxiliar de Axuda no Fogar, regulado no Real decreto 331/1997, do 7 de marzo.
- O título de técnico/a superior en Integración Social, establecido polo Real decreto 1074/2012, do 13 de xullo, ou o título equivalente de técnico/a superior en Integración Social establecido no Real decreto 2061/1995, do 22 de decembro, para aqueles profesionais que á data da publicación do Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do sistema para a autonomía e atención á dependencia, do 19 de outubro de 2017, se atoparan traballando na categoría profesional de auxiliar de axuda no fogar. Cando non estea en posesión dalgún dos títulos ou certificados
citados anteriormente, entón poderá participar no procedemento de selección sempre que acredite estar en posesión da habilitación excepcional ou da habilitación provisional na categoría de xerocultor/a ou de auxiliar de axuda no fogar. No suposto de estar pendente de resolverse a dita habilitación, entón poderá participar no procedemento se acredita a presentación, co rexistro oficial, da solicitude da dita habilitación. Neste último suposto, de resolverse a habilitación de forma negativa, entón quedará excluído/a definitivamente da bolsa de traballo, procedéndose a rescindir o contrato se nese momento ten formalizado contrato co concello.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación. No suposto de estar en trámite o certificado de profesionalidade, e que polo tanto non se atope en posesión deste, admitirase documento acreditativo emitido pola entidade tramitadora do certificado de profesionalidade conforme se ten dereito a este.
3. Estar en posesión do permiso de conducir en vigor clase B e dispoñibilidade de coche.
* Documentación:
As esixidas nas bases de convocatoria que estarán dispoñibles no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).
* Presentación de instancias:
- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
- As bases e o anuncio da convocatoria publicaranse no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello.

Volver