Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS CREA DÚAS BOLSAS DE EMPREGO

22 Feb 2021

Son para as categorías de mestr@s de música e axudante de cociña e limpeza

O concello do Barco de Valdeorras fai públicas no BOP do 22 de febreiro as convocatorias dos procesos de selección para a formación de dúas bolsas de traballo para profesores/as de música para o Conservatorio Municipal e para a Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras para diferentes especialidades para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2022, e para axudante de cociña e limpeza para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras.

Convocatoria dos proceso de selección que se indican a continuación, segundo as bases aprobadas mediante resolución da alcaldía con data 18 de febreiro de 2021:

*Denominación das categorías das bolsas de traballo:

- Profesores/as de música para o Conservatorio Municipal e para a Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras para diferentes especialidades.

- Axudante de cociña e limpeza para a Escola Infantil Municipal do Concello do Barco de Valdeorras.

 

*Obxecto:

- Formación de bolsa de traballo para profesores/as de música para o Conservatorio Municipal e para a Escola de Música Municipal do Barco de Valdeorras para diferentes especialidades, mediante o sistema concurso, sendo a vixencia da bolsa até o 31/12/2022, para cubrir eventuais necesidades de contratación, de carácter non permanente, que xurdan por razóns de servizo e non poidan ser atendidas por persoal do propio concello e Formación dunha bolsa de traballo, mediante o sistema concurso, con vixencia ate o 31/12/2022, para a categoría de axudante de cociña e limpeza para a Escola Infantil Municipal do concello do Barco de Valdeorras, para cubrir eventuais necesidades de contratación, de carácter non permanente, que xurdan por razóns de servizo e que non poidan ser cubertas con persoal do propio concello

*Titulación e requisitos esixidos para profesoras/es de música:

Os esixidos no art. 3º das bases de convocatoria, referidos á data na que remata o prazo de solicitudes, sendo entre outros:

- En función da/s especialidade/s á/ás que se opta, posuír algunha das titulacións por especialidades establecidas no anexo III das bases de convocatoria ou titulacións equivalentes.

*Titulación e requisitos esixidos para axudantes de cociña e limpeza:

Os esixidos no art. 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros:

- Estar en posesión do título de graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria ou titulación equivalente, na data na que remate o prazo de presentación de instancias ou estudos superiores; para os efectos de equivalencia estarase ao disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, modificada pola Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, regulados na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. No suposto de titulacións  obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.

- Estar en posesión do certificado de formación en hixiene e manipulación de alimentos ou tarxeta ou carné de manipulador de alimentos.

 

*Documentación:

- As esixidas nas bases de convocatoria, dispoñibles no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).

*Presentación de instancias:

- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense”.

- As bases e o anuncio da convocatoria publicarase no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no taboleiro de edictos electrónico do concello.

Volver