O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS CONVOCA UNHA PRAZA NOS SERVIZOS SOCIAIS
Será para un/ha técnic@
O concello do Barco de Valdeorras fai unha nova convocatoria a tempo parcial, dun/dunha técnico/a para o Departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco de Valdeorras, para desenvolver o Programa de educación familiar, durante o ano 2016, despois de ser modificadas as bases iniciais no que se refire ás titulacións de acceso.
Con data 25/04/2016 foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e na páxina web do concello as bases e convocatoria do procedemento de selección, para a contratación laboral temporal, dun/ha técnico/a para o Departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco de Valdeorras para desenvolver o Programa de educación familiar, durante o ano 2016, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a tempo parcial (20 horas semanais), rematando o prazo de presentación de instancias o pasado 3/05/2016.
Posteriormente, mediante resolución de alcaldía con data 5/05/2016, resolveuse retrotraer o expediente de referencia ao momento de aprobación das bases, deixando sen efecto todo o tramitado ata esa data e procedéndose a continuación a modificar as bases de selección no que se refire ás titulacións de acceso, incorporándose a maiores a titulación universitaria de Traballo Social. Por todo o exposto, o Concello do Barco de Valdeorras abre un novo prazo de presentación de instancias para o procedemento de referencia, sendo necesario para tomar parte no proceso de selección a presentación da instancia e demais documentación indicada nas bases. A maiores, teranse que cumprir os requisitos que se indican a continuación:
*Titulación e requisitos esixidos: Os esixidos no art. 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros: Estar en posesión da titulación universitaria de licenciatura ou grao en Psicoloxía, Pedagoxía, Socioloxía, licenciatura en
Psicopedagoxía ou diplomatura ou grao en Educación Social ou en Traballo Social na data na que remate o prazo de presentación de instancias. Estar en posesión do permiso de conducir en vigor, clase B, e dispoñibilidade de coche.
*Documentación: A indicada nas bases de convocatoria que se entregarán na Oficina de Información do Concello e que estarán tamén dispoñibles na páx. web do concello: www.concellodobarco.org. Presentación de instancias:
No Rexistro Xeral do Concello ou polas outras formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense”, sendo o horario de presentación de documentación:
- de luns a venres: 9:00 a 14:00 h.
- sábados: 10:00 a 13:00 h.
O mesmo día no que saia publicada a convocatoria do procedemento no BOP de Ourense, as bases exporanas na páxina web do concello (www.concellodobarco.org), expoñéndose tamén anuncio da convocatoria e forma de obter copia das bases no taboleiro de anuncios do Concello Vello (Praza doConcello, n.º 1); no suposto de non ser posible publicar as bases o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases na páxina web do concello.
As persoas inscritas na anterior convocatoria realizada no presente exercicio e referente á mesma praza, para participar no presente procedemento de selección deberán presentar de novo, e no prazo e polos medios indicados anteriormente, o modelo de instancia que se xunta ás bases (Anexo I), xunto cos anexos II-A, II-B e III, non sendo necesario que presenten a documentación xa achegada no concello, remitíndose, para este suposto, e no modelo de instancia, á documentación xa presentada, sen prexuízo da presentación de nova documentación, que tamén deberá indicar no modelo de instancia.

