O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS CONVOCA DÚAS PRAZAS DE AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL
Son contratos para cubrir a tempada de verán de 2016
O concello do Barco de Valdeorras anunciou no BOP de hoxe, 21 de abril, as bases e convocatoria do proceso de selección para a contratación laboral temporal de dous/dúas auxiliares de Policía Local para a tempada de verán (xuño, xullo, agosto e setembro de 2016).
O prazo para a presentación de solicitudes é de cinco días hábiles.
As contratacións faranse a través da modalidade contractual de acumulación de tarefas, a xornada completa, de dous/dúas auxiliares de Policía Local, durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro (ata o 30.09.2016), comezando o prazo de presentación de solicitudes de participación a contar a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e das bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (21/04/2016).
Para descarregar as bases do proceso, pica no pdf que está debaixo da foto.

