Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS BUSCA UN/HA TÉCNIC@ MEDIO

21 Mar 2019

Realizará Programas de Servizos Sociais durante o ano 2019

O concello do Barco de Valdeorras fai pública no BOP do 21 de marzo a convocatoria para a contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a xornada completa, dun/dunha técnico/a medio para a realización de Programas de Servizos Sociais durante o ano 2019.

Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante resolución de alcaldía de data 14 de marzo de 2019:

*Denominación e obxecto do posto:

- Técnico/a medio para a realización de Programas de Servizos Sociais durante o ano 2019, a través da modalidade
contractual de servizo determinado, a xornada completa, sendo a duración máxima do contrato ata o 31/12/2019, condicionando o contrato á subvención que se reciba da Deputación de Ourense ó abeiro do Programa Provincial convocado de asistencia técnica, económica e xurídica ós concellos en materia de Servizos Sociais Comunitarios para o exercicio 2019.

*Requisitos esixidos (na data na que remate o prazo de presentación de instancias):

Os esixidos no art. 4º das bases de convocatoria, sendo entre outros:

- Estar en posesión da titulación universitaria de Diplomatura ou Grao en Educación Social ou en Traballo Social. No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.
- Estar en posesión do permiso de conducir clase B en vigor e ter dispoñibilidade de coche.

*Duración do contrato e documentación:

- O indicado nas bases de convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante sistema concurso-oposición,
dun/dunha técnico/a medio para a realización de Programas de Servizos Sociais durante o ano 2019, que estarán dispoñibles no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).

*Presentación de instancias:

- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativocomún das administracións públicas, durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense”.
- As bases e o anuncio da convocatoria publicarase no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publica-las bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir
do día seguinte ao da publicación das bases no portal de transparencia e no taboleiro de edictos electrónico do concello.

 

Volver