Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS BUSCA TÉCNICAS/OS EN INFORMÁTICA

20 Xun 2022

Formará unha nova bolsa de traballo

O concello do Barco de Valdeorras fai público no BOP do 20 de xuño a convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante decreto da alcaldía, do día 13 de xuño de 2022:
*Obxecto:
- Formación dunha bolsa de traballo, mediante concurso, para a ocupación de técnico/a de informática, co obxecto de acudir a ela para a cobertura de futuras contratacións laborais temporais que xurdan, con carácter non permanente, que resulten necesarias e que non poidan ser atendidas polo persoal deste concello, cuxa duración será de dous anos, contados dende a súa aprobación e coas funcións para realizar que se describen no art. 1º das bases de convocatoria.
*Denominación da categoría da bolsa de traballo:
- Técnico/a de Informática (G. cotiz. 1) para o concello do Barco de Valdeorras.
*Titulación e requisitos esixidos:
Os que se esixen no art. 3º das bases de convocatoria, que son, entre outros:
- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións, na data na que remate o prazo de presentación de instancias; no suposto de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación:
- Licenciatura en Informática, Enxeñeiro Superior en Informática ou grao en Enxeñería Informática -de software/de
computadores/de computación/de sistemas da información/de tecnoloxía da información.
*Documentación:
- As esixidas nas bases de convocatoria que estarán dispoñibles no taboleiro de edictos electrónico do concello
(https://sede.concellodobarco.org).
*Presentación de instancias:
- Por calquera dos medios recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas, durante o prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

- As bases e o anuncio da convocatoria publicaranse no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publicar as bases no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no taboleiro de edictos electrónico do concello.

Volver