Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

28 Mar 2017

É para o posto de director/a da Escola Infantil

O concello do Barco de Valdeorras fai pública a convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a ocupación de director/a para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa ata o 31.12.2018. onvocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante resolución de alcaldía de data 24 de marzo de 2017:
*Denominación da ocupación da bolsa de traballo:
- Director/a para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras.
*Obxecto:
- Formación de bolsa de traballo para a ocupación de Director/a para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras, mediante o sistema concurso-oposición, sendo a vixencia da bolsa ata o 31/12/2018, para posibles coberturas temporais, sendo as funcións a realizar as descritas no art. 1º das bases de convocatoria.
*Titulación e requisitos esixidos:
Os esixidos no art. 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros:
- Estar en posesión da Titulación universitaria de Diplomatura en Maxisterio, especialidade educación infantil, Diplomado/a en EXB, especialidade preescolar ou Grao universitario de Maxisterio de Educación Infantil na data na que remate o prazo de presentación de instancias; no suposto de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.
- Estar en posesión do certificado de formación en hixiene e manipulación de alimentos ou tarxeta ou carné de manipulador de alimentos e tamén ter un Curso ou xornada de Primeiros Auxilios (entendido como curso/xornada independente, non como módulo integrante dun curso, nin como materia dun curso académico).
- Ter posta a vacinación contra a rubéola, cando a aspirante que opte á presente convocatoria sexa unha muller.
*Documentación:
- As esixidas nas bases de convocatoria que se entregarán na Oficina de Información do Concello, estando tamén dispoñibles no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).
*Presentación de instancias:
- No rexistro físico (de 09.00 a 14.00 horas dos días hábiles) ou no rexistro electrónico do Concello do Barco de Valdeorras (o primeiro atópase no edificio núm. 2 da Praza do Concello do Barco e o segundo na sede electrónica do concello na páxina web da rede de internet á que se pode acceder na https://sede.concellodobarco.org,  durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense”. As solicitudes poderanse remitir tamén na forma determinada no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Tamén poderán presentarse de acordo co previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo co que dispón a Disposición derrogatoria única en relación coa Disposición final 7ª da Lei 39/2015, de 1 de outubro. As bases e o anuncio da convocatoria publicarase no taboleiro de anuncios do concello (Praza do Concello, n.º 1) e no taboleiro
de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org); no suposto de non ser posible publica-las bases no taboleiro de edictos electrónico do concello o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases no taboleiro de edictos electrónico do concello.

Volver