Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DO BARCO ABRE UN PROCESO DE SELECCIÓN PARA UNHA CONTRATACIÓN TEMPORAL

11 Feb 2017

Ofertan un posto de técnic@ para o dpto de Servizos Sociais

O concello do Barco de Valdeorras publica no BOP do 11 de febreiro a convocatoria do proceso de selección para a contratación laboral temporal, a tempo parcial, dun/dunha técnico/a para o departamento de Servizos Sociais do concello do Barco de Valdeorras, para desenvolver o Programa de educación familiar durante o ano 2017; convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante resolución de alcaldía con data 7 de febreiro de 2017.

Denominación do posto:
- Técnico/a para o Departamento de Servizos Sociais do concello do Barco de Valdeorras para desenvolver o Programa de educación familiar, durante o ano 2017, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a tempo parcial (20 horas semanais), condicionando o contrato á subvención que se reciba da deputación de Ourense ao abeiro do programa provincial convocado de asistencia técnica, económica e xurídica aos concellos en materia de servizos sociais comunitarios para o exercicio 2017.
*Titulación e requisitos esixidos:
Os esixidos no art. 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros:
- Estar en posesión da titulación universitaria de licenciatura ou grao en Psicoloxía, Pedagoxía, Socioloxía, licenciatura en Psicopedagoxía ou diplomatura ou grao en Educación Social ou en Traballo Social na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
- Estar en posesión do permiso de conducir en vigor, clase B, e dispoñibilidade de coche.
*Obxecto:
- Desenvolvemento do Programa de educación familiar durante o ano 2017, desempeñando para iso as funcións descritas no anexo IV das bases de convocatoria.
*Duración do contrato e documentación:
- O indicado nas bases de convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante sistema concurso-oposición, dun/dunha técnico/a para o Departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco de Valdeorras para desenvolver o programa de educación familiar durante o ano 2017, que se entregarán na oficina de información do concello, estando tamén dispoñibles no taboleiro de edictos electrónico do concello (https://sede.concellodobarco.org).
*Presentación de instancias:
- No rexistro físico (de 09.00 a 14.00 horas dos días hábiles) ou no rexistro electrónico do Concello do Barco de Valdeorras (o primeiro atópase no edificio núm. 2 da Praza do concello da vila do Barco de Valdeorras e o segundo na sede electrónica do concello na páxina web da rede de internet á que se pode acceder na https://sede.concellodobarco.org durante o prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da Provincia de Ourense”. As solicitudes poderanse remitir tamén na forma determinada no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderán presentarse de acordo co previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común, de acordo co que dispón a Disposición derrogatoria única en relación coa Disposición final 7ª da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

 

Volver