O CONCELLO DE XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO OFERTA DOUS POSTOS DE TRABALLO
Son contratos laborais temporais a xornada completa
O concello de Xunqueira de Espadañedo fai pública no BOP do 23 de marzo a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola alcaldía con data 20.03.2019
1.-Número e nome das prazas: dúas/dous traballadoras/es ao abeiro do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade, coa función de operarios de servizos múltiples.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
3.- Duración do contrato: 6 meses e medio.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos e entrevista.
5.- Retribucións totais: 1.085 €/mes (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Xunqueira de Espadanedo ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal https://xunqueiradeespadanedo.sedelectronica.gal

