O CONCELLO DE XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO CONVOCA UN POSTO TEMPORAL DE CHOFER DE ROZADORA
Terá unha duración de tres meses
O concello de Xunqueira de Espadañedo fixo pública no BOP do 7 de abril a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal, como chofer de rozadora. A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de 3 meses dende a súa sinatura. Para o sistema de selección optaron por concurso de méritos e entrevista. O prazo de presentación de solicitudes é de seis días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP. O lugar de presentación de solicitudes é no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de Xunqueira de Espadanedo, en horario de oficina.

