O CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA OFERTA UN POSTO DE TRABALLO
É un concurso oposición
O concello de Xunqueira de Ambía fai público no BOP do 12 de setembro, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto de operario/a de servizos múltiples dentro do marco do persoal laboral, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso-oposición (Exp. 355/2023)
- Número e denominación dos postos: 1 operario/a multiservizos.
- Modalidade de contratación: contrato laboral por estar vacante dentro do cadro do persoal laboral do concello de Xunqueira de Ambía.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal https://xunqueiradeambia.sedelectronica.es
- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía (praza de San Rosendo, 1, 32670 Xunqueira de Ambía), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.