O CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA OFERTA TRES POSTOS DE TRABALLO
Son para crear a brigada antiincendios
O concello de Xunqueira de Ambía publica no BOP do 9 de xuño a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para brigada de prevención e extinción de incendios 2017, (conveniode colaboración coa consellaría do Medio Rural e do Mar). Trátase dos postos para un/ha xef@ de brigada, un/ha pión condutor e tres peóns, con modalidade de contratación por contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de tres meses e o sistema de selección por concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles, contados desde o seguinte á publicación no BOP (9/6/17).

