Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA OFERTA DÚAS PRAZAS TEMPORAIS

23 Mai 2016

Contratarán a un/ha socorrista acuático e a un/ha encarregado de tarefas de mantemento e limpeza da piscina

O concello de Xunqueira de Ambía mediante resolución do día 6 de maio do 2016,aprobou as bases para a contratación laboral temporal dun encargado para a realización de tarefas de mantemento e limpeza nas piscinas municipais. As instancias, dirixidas ao alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días naturais seguintes a aquel no que apareza publicado este anuncio no BOP (23/05/16). As bases atoparanse na Secretaría deste concello e poderán ser examinadas por quen o desexe durante as horas de oficina.

Do mesmo xeito, e tamén mediante resolución do día 6 de maio de 2016, ficaron aprobadas as bases para a contratación laboral dun socorrista acuático para as piscinas municipais. As instancias, dirixidas ao alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días naturais seguintes a aquel no que apareza publicado este anuncio no BOP. Se o sexto día fora festivo ou cadrara en sábado, o prazo rematará o seguinte día hábil. As bases atópanse na Secretaría do concello e poderán ser examinadas por quen o desexe durante as horas de oficina.

O concello de Xunqueira de Ambía está situado na Praza de San Rosendo, 1, 32670 Xunqueira de Ambía, Ourense e teléfono 988 436 069

Volver