O CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA OFERTA DE SEIS POSTOS DE TRABALLO
Trátase de dúas convocatorias para contratos temporais
O concello de Xunqueira de Ambía publica dúas convocatorias ofertando seis postos de traballo temporais en diferentes categorías. Son as seguintes:
Aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, publícase o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao proceso selectivo (exp. 248/2021).
-Número e denominación dos postos: 1 monitor/a da aula de espera no CEIP de Xunqueira de Ambía
-Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado, con horario de 8.00 a 9.30 horas
-Duración do contrato: curso escolar 2021-2022
-Sistema de selección: concurso
-Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal https://xunqueiradeambia.sedelectronica.es
-Prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía (praza de San Rosendo, 1, 32670, Xunqueira de Ambía), en horario de 9.00 a 14.00 horas ou por calquera outro medio admitido en dereito.
Aprobadas as bases de selección para cubrir cinco postos de traballo de persoal laboral temporal, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (Exp. 244/2021).
– Número e denominación dos postos: catro xerocultores/as e un/unha cociñeiro/a para a vivenda comunitaria do concello de Xunqueira de Ambía
– Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado, a xornada completa para o posto de xerocultor/a e a media xornada para o posto de cociñeiro/a
– Duración do contrato: 18 meses
– Sistema de selección: concurso
– Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal https://xunqueiradeambia.sedelectronica.es
– Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía (praza San Rosendo, 1, 32670, Xunqueira de Ambía), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

