O CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
É para auxiliares de axuda no fogar
O concello de Xunqueira de Ambía publica no BOP do 31 de outubro as bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como auxiliares para o servizo de axuda no fogar, segundo resolución da alcaldía do día da data:
1. Denominación das prazas: auxiliares de axuda no fogar para dependencia e prestación básica.
2. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
3. Duración da lista: 4 anos.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Prazo e lugar de presentación de instancias: 8 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Na mesma data e horario poderanse consulta-las bases.