Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA BUSCA UN/HA MONITOR/A DE ACTIVIDADES RECREATIVAS E DE ENTRETEMENTO

25 Xun 2019

Ofrecen un contrato de dous meses a media xornada

O concello de Xunqueira de Ambía fai pública no BOP do 25 de xuño a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 18/06/2019:
1. Número e denominación das prazas: 1 monitor/a de actividades recreativas e de entretemento.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, de luns a venres, 50% xornada.
3. Duración do contrato: 2 meses.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións totais: 600,00 €/mes (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 4 días naturais contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello.

Volver