Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE XINZO DE LIMIA TOMA MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS

13 Mar 2020

Faino mediante un bando da alcaldía

O concello de Xinzo de Limia publica un bando a fin de  promover medidas de prevención para evitar a propagación do Coronavirus. Tras a reunión da Xunta de Voceiros do concello de Xinzo de Limia resolveuse adoptar as seguintes medidas, en materia de saúde pública en relación coas actividades e servicios públicos locais, con motivo da situación actual provocada polo COVID-19, e polo tanto, quedan suspendidos ata nova orde as actividades e usos dos seguintes centros municipais.

- Pavillón Polideportivo.
-Piscina climatizada.
-Biblioteca municipal.
-Campos de fútbol.
- Casa da Cultura.
-Escola municipal de gaitas e Percusión .
-Conservatorio Municipal
-Actividades nos centros sociais dos pobos.
-Recinto feiral.
Asemade, queda suspendida a celebración das feiras quincenais dos días 14 e 27 de marzo ata novo aviso.
Recoméndase asemade, que se fora necesario realizar algunha xestión no Concello, trataráse de facer por teléfono ou telemáticamente a través da sede electrónica do Concello https://xinzodelimia.sedelectronica.gal/info.0, e só se acudirá ó Concello se fose estrictamente necesario.
Ademáis, recoméndase que as persoas maiores ou con patoloxías varias eviten saír das súas casas, e que toda a poboación siga as medidas de prevención recomendadas polo Goberno da Xunta de Galicia e o Goberno de España.
PARA INFORMACIÓN EN CASO DE SÍNTOMAS CHAMAR Ó
TLF: 900 400 116.
A Corporación Local fai un chamamento á responsabilidade persoal dos veciños e veciñas de Xinzo de Limia, mantendo a calma e evitando desprazamentos na medida do posible.

Volver