Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE MACEDA TOMA MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS

13 Mar 2020

Faino mediante un bando da alcaldía

O concello de Maceda publica un bando bando a fin de  promover medidas de prevención para evitar a propagación do Coronavirus. Acorda que se adopten as seguintes medidas, en materia de saúde pública en relación coas actividades e servicios públicos locais, con motivo da situación actual provocada polo COVID-19, e polo tanto, SUSPENDENSE DURANTE 15 DÍAS TODAS AS ACTIVIDADES E USOS DOS SEGUINTES CENTROS MUNICIPAIS:
PAVILLON DEPORTIVO "PABLO RODRIGUEZ GUEDE"
ESCOLA DE MÚSICA
ESCOLA INFANTIL CONTACONTOS
PROGRAMA MAÑANCEIROS (ACOLLIDA)
REFORZO INCLUSIVO
TALLERES DE MEMORIA DE MAIORES
BIBLIOTECA MUNICIPAL
PISTAS DE TENIS DAS PISCINAS MUNICIPALES
CAMPO DE FUTBOL "CARDENAL QUIROGA"
PUMP TRACK DE CICLISMO
OUTRAS ACTIVIDADES DE CARÁCTER FORMATIVO, LÚDICO, OU FESTIVO QUE SUPOÑAN CONCENTRACIÓN DE PERSOAS EN DEPENDENCIAS OU VÍA PÚBLICA. RECOMENDAR A NON CELEBRACIÓN DE ACTIVIDADES E FESTAS PRIVADAS. AS OFICINAS DO CONCELLO ESTARAN, EN SERVICIOS MINIMOS, PARA QUE OS USUARIOS CUNHA NECESIDADE URXENTE E  IMPRORROGABLE POIDAN ACUDIR A ELAS. Ó RESTO DOS CASOS DEBERAN ESPERAR 15 DÍAS INICIALMENTE. ROGAMOS QUE UTILICEN A SEDE ELECTRONICA,(https: //concellodemaceda.sedelectronica.gal) DO CONCELLO PARA FACER AS SUAS PETICIONS OU REALIZAR CALQUERA TIPO DE TRAMITE QUE DEBA RESOLVER ESTA ADMINISTRACION. ROGAMOS AS PERSOAS MAIORES OU CON PATOLOXÍAS VARIAS QUE EVITEN SAIR DAS SUAS CASAS . PARA INFORMACIÓN EN CASO DE SÍNTOMAS CHAMAR O TLF : 900 400 116 A Corporación Local fai un chamamento á responsabilidade persoal dos veciños de Maceda, mantendo a calma e evitando desprazamentos na medida do posible.

Volver