Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE XINZO DE LIMIA RESOLVEU AS MEDIDAS A ADOPTAR NOS SEUS CENTROS DE TRABALLO

16 Mar 2020

Só atenderán cuestións urxentes vía telefónica e telemática

O concello de Xinzo de Limia resolveu hoxe, 16 de marzo, vista a reunión mantida iste luns do Grupo de Goberno cos representantes dos sindicatos con representación neste Concello no seu da cal consensuáronse as medidas a aplicar ó persoal do Concello de Xinzo de Limia, e polo que, esta Alcaldía, de xeito URXENTE, RESOLVE:

Primeiro.- Que os traballadores afectados polo peche das instalacións non terán que acudir ó seu posto de traballo, se ben, deberán permanecer localizables con plena dispoñibilidade para que no caso de necesidade poder reforzar servizos.

Segundo.- Que nos servizos non afectados polo peche das instalacións cubrirase o servizo polas seguintes quendas:
* Unha en horario de 9.00 a 14.00 horas (1 persoa por cada servizo por día ou semana, segundo se acorde no seo de cada servizo).
* Outra en horario de 7.00 a 12.00 horas para as brigadas de Obras e Medio Ambiente, as cales estarán unificadas.

Terceiro.- Que os traballadores e traballadoras das Casa do Concello e do Departamento de Servizos Sociais traballarán a porta pechada, cada servizo será atendido por unha persoa en quendas de traballo, segundo as dispoñibilidades de cada un/unha en cada servizo.

Cuarto.- Fomentarase na medida do posible o traballo non presencial para que aqueles traballadores/as que se poidan acoller a esta medida, traballen dende os seus domicilios.

Quinto.- Este Concello permanecerá pechado ao público para trámites ordinarios ata novo aviso, só se atenderán urxencias: vía telefónica no número 988550111, vía telemática: concello@xinzodelimia-ayto.com e sede electrónica: www.xinzodelimia.gal.

Sexto.- Dar conta da presente resolución ó Pleno na vindeira sesión que celebre.

Volver