Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

O CONCELLO DE XINZO DE LIMIA OFERTA UN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

06 Abr 2021

Cubrirá a baixa por IT da titular

O concello de Xinzo de Limia fai público no diario "La Region" do 6 de abril o decreto polo que  pretende seleccionar e contratar un/unha (1) auxiliar de axuda no fogar mediante contrato laboral de interinidade, a fin de cubrir a baixa por incapacidade temporal causada por unha traballadora auxiliar de axuda no fogar, axustándose ao sistema de baremos en vigor para o persoal laboral temporal, actualizado consonte as previsións do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público, co seguinte detalle:

Nº de prazas: 1
Denominación das prazas: auxiliar de axuda no fogar.
Clase de persoal: laboral temporal.
Modalidade de contrato temporal: interinidade.
Duración : A ta a reincorporación da titular da praza .

COMISIÓN DE SELECCIÓN

A comisión avaliadora estará integrada, segundo o artigo 60 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público, do seguinte xeito:
Presidenta: Marta María Gómez Ruíz, Secretaria do Concello
1º Vogal: Mónica Legaspi Díaz, Interventora do Concello.
2ºVogal: María Dolores Carrera Atanes, Auxiliar Administrativo do Concello.
3º Vogal: Francisco Rodríguez Lama, Administrativo do Concello.
Secretaria: María Teresa Caramés Pérez, Auxiliar-Administrativa do Concello.

REQUISITOS

a) Ter a nacionalidade española, ou de Estado Comunitario, ou ser cónxuxe de español ou de nacional de Estado Comunitario, ou ser estranxeiro con residencia legal en España.
b) Posuír a capacidade funcional para ó desempeño das tarefas. Acreditación obrigatoria requirida: certificado médico.
c) Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que houbera sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria o equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso o emprego público. Acreditación obrigatoria requirida: declaración de veracidade.
e) Titulación: Posuír a titulación esixida: Estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria (regulado no Real Decreto 496/2003, do 2 de maio) ou equivalente a efectos laborales, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente (certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais), regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade, ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
f) Estar en posesión do carné de conducir tipo B ou superior, e dispoñibilidade de vehículo.

MÉRITOS BAREMADOS

I.- PUNTUACIÓN DAS CIRCUNSTANCIAS PERSOAIS:

a) Por cada mes como desempregado/a:
0,01 puntos máximo 2,00 puntos
(Acreditacións obrigatorias requiridas: Documento acreditativo de rexistro como demandante de emprego DARDE (tarxeta de emprego) no que conste a data de alta como demandante de emprego. Se neste documento acreditativo non consta a data de alta, deberá aportarse, ademais, informe do servizo de emprego no que conste a data de alta.
b) Por persoa ou persoas a cargo, menor/es de 21 anos (sen ingresos) ou maior/es de 60 anos (con ingresos menores ao 75% do SMI), que convivan no enderezo do solicitante, cun mínimo de 6 meses de convivencia:
1,00 punto
(Acreditacións obrigatorias requiridas: Certificado municipal dos servizos sociais onde se exprese que a persoa está a cargo do solicitante e non ten ingresos (menores 21 anos) ou os seus ingresos son menores do 75% do SMI (para os maiores de 60 anos), DNI da persoa a cargo, Informe de Vida Laboral da persoa a cargo ou Informe negativo de vida laboral, Declaración da Renda da persoa a cargo do ano anterior ou Certificación de non ter que realizar a Declaración do IRPF e calquera outro documento que puidese requirir a Comisión de Selección no proceso de elaboración das listas para clarexar esta circunstancia).
c) Por minusvalidez do solicitante compatíbel co posto de traballo, igual ou superior ao 33%:
1,00 punto
(Acreditacións obrigatorias requiridas: Certificado do grado de minusvalidez emitido pola Área de Servizos Sociais da Delegación Provincial da Vicepresidencia da Xunta de Galiza, Certificado-Informe do INSS ou da Tesourería Xeral da Seguridade Social a maiores do que se acredite que o solicitante pode compatibilizar o traballo ao que pretende acceder coa minusvalidez que padece).
d) Por minusvalidez, igual ou superior ao 65%, dalgunha das persoas que vivan ao seu cargo, con ingresos inferiores ao 75% do SMI, ata o 2º grau de consanguinidade ou afinidade, cun mínimo de 6 meses de convivencia:
0,50 puntos
(Acreditacións obrigatorias requiridas: Certificado municipal dos servizos sociais onde se exprese que o/a minusválido/a convive e está a cargo do solicitante, Certificado de grau de minusvalidez emitido pola Área de Servizos Sociais da Delegación Provincial da Vicepresidencia da Xunta de Galiza, Declaración da Renda do minusválido ou Certificación de non ter que realizar a Declaración do IRPF, Informe de Vida Laboral ou Informe Negativo de Vida Laboral, e calquer outro documento que puidese requirir a Comisión de Selección no proceso de elaboración das listas para clarexar esta circunstancia).
e) Por ter sido declarado/a, o/a solicitante, vítima dunha agresiòn constitutiva dun ilícito penal de violencia domèstica ou de xènero nos 5 anos anteriores à esta convocatoria:
0,50 puntos
(Acreditación obrigatoria requirida: Sentenza xudicial)
f)Por tratarse do 1º emprego:
1,00 punto
(Acreditación obrigatoria requirida: Informe de Vida Laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguranza Social ou informe negativo emitido pola TXSS).

II.- PUNTUACIÓN DA EXPERIENCIA PROFESIONAL

a) Por cada mes de servizos prestados nas Administracións públicas relacionados co posto a desempeñar na mesma categoría e referidos aos últimos 4 anos:
0,15 puntos/mes
(Acreditación: Informe de Vida Laboral e Certificado de Servizos prestados para esa Administración ou contratos cotexados)

b )Por cada mes de servizos prestados nas empresas privadas relacionados co posto a desempeñar na mesma categoría e referidos aos últimos 4 anos:
0,10 puntos/mes
(Acreditación: Informe de Vida Laboral e copias cotexadas dos contratos de traballo).
A suma da puntuación dos apartados de experiencia profesional non poderá exceder de 12,00 puntos.

III.- PUNTUACIÓN DOS MÉRITOS ACADÉMICOS:

a) Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas Administracións Públicas, universidades, INEM, Fundación Tripartita para Formación ou sindicatos e relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta:
Máximo 3 puntos.
De 10 a 40 horas:0,10 puntos por curso
De 41 a 100 horas:0,20 puntos por curso
De 101 a 300 horas:0,40 puntos por curso
De 301 a 500 horas:0,60 puntos por curso
De 501 en adiante:1,00 punto por curso.
(Acreditación: copia compulsada dos certificados acreditativos de ter realizado curso, na que conste o número de horas de formación realizada)
b) Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grado superior alegado):
CELGA 3 ou grao de iniciación:0,50 puntos
CELGA 4 ou grao de perfeccionamento: 0,75 puntos
CELGA 5 ou equivalente: 1,00 punto
Só se concederá validez, polo que á acreditación do galego se refire, aos cursos e titulacións homologadas pola Xunta de Galicia. Só se puntuará o curso de maior titulación.

DESEMPATE: No suposto de empate a puntos entre varios aspirantes, acudirase para dirimilo á maior experiencia profesional. Para o caso de que aínda persistira o empate, este dirimirase por sorteo.
Á vista dos informes emitidos e existentes no expediente, e en uso das facultades que me outorga o art. 21 da lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO:
Primeiro.- Iniciar o proceso de contratación polo sistema de selección de concurso de méritos de un/unha (1) Auxiliar de Axuda no Fogar, dada a urxencia e inaprazable necesidade de proceder á cobertura do posto para atender ó servizo de axuda no fogar, debido á baixa por enfermidade de unha traballadora que ocupaba dita praza.
Segundo.- Proceder á convocatoria da presente contratación a través da publicación correspondente anuncio no diario “La Región” así como no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na Sede electrónica do concello, debendo seguirse do proceso de selección o procedemento ordinario a través de concurso con valoración de méritos contidos no presente Decreto. Outorgarase un prazo de cinco días hábiles para a presentación da documentación a contar dende a publicación deste anuncio no diario. Advertírase no anuncio que en caso de presentar a documentación por algún dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/20015, de 1 de outubro, os solicitantes deberán enviar fax ó Concello advertindo deste extremo ó número 988550112, no prazo de cinco días hábiles dende o seguinte á publicación deste anuncio. Do contrario, a súa candidatura non se terá en conta no proceso selectivo.
Terceiro.- Designar como integrantes da Comisión avaliadora aos traballadores anteriormente relacionados.
Cuarto.- Ordenar que os resultados deste proceso selectivo se publiquen no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na sede electrónica do concello resolvendo esta Alcaldía sobre a contratación do/a aspirante que o supere en base á proposta da comisión avaliadora.

Volver