O Concello de Xinzo de Limia incumpre reiteradamente todo tipo de resolucións xudiciais e acordos cos traballadores/as
Denuncian a violación permanente do dereito á negociación colectiva
Para mostras dous exemplos que amosan:
1º.- "Por unha banda, dede o prisma individual, enviamos variados requirimentos xudiciais ao Alcalde do Concello limiao, a meio do que os xulgados o instan, unha e outra vez, a dar cumprimento a sentenzas publicadas no ano 2007. E se sorprende que unha institución poida incumprir tan felizmente as resolucións dos xulgados, mais aínda chama a atención que os proprios organismos xudiciais teñan unha paciencia infinita con certos organismos locais, mentres traballadores/as e pequenos empresarios deben cumprir escrupulosa e ríxidamente coa lei, baixo pena de sanción, disciplina, embargo ou calquera xeito de constrinximento.
2º.- Por outra, dende o prisma colectivo, remesamos copia do Conflito Colectivo que a CIG e a súa sección sindical no concello de Xinzo, houberon formular perante a violación permanente do direito á negociación colectiva e, mesmo, do incumprimento sistemático dos acordos que se alcanzaron en exercicio de tal dereito. Cómpre lembrar que nas Mesas Xerais de Negociación celebradas no mes de xullo do 2009 as representacións sindicais non votaron contra o proxecto de orzamentos formulado polo Concello (uns votamos a favor e outros se abstiveron), polo feito de que se chegou a unha serie de acordosque non foron cumprimentados polo Grupo de Goberno do Concello.
Así as cousas, ademais de pór en cuestión a palabra e a sinatura de quen non se respecta a si mesmo (O Grupo de Goberno do Concello); debemos reclamar o abeiro urxente da xustiza, entendendo este servizo como un dereito áxil que serva para satisfacer as demandas dos cidadáns e traballadores/as e non como un conglomerado de normas para dar a apariencia de que estamos nun estado social e democrático de dereito", denuncian.
"É urxente que se tomen medidas por parte de xuices e fiscais non só contra o traballador/a que non é quen de pagar a súa hipotéca; senón, con mais razón, contra quen deberían estar ao servizo de todos e porén están ao seu", conclúen.

