O CONCELLO DE XINZO DE LIMIA ABRE O PROCESO SELECTIVO PARA O INGRESO NA POLICÍA LOCAL
Trátase de dúas prazas por oposición libre
O concello de Xinzo de Limia por resolución do alcalde en funcións (Ex Decreto do 09.02.2017) con data 10.02.2017, aprobaron as bases da convocatoria para prover en propiedade dúas prazas vacantes, categoría de Policía Local, as cales se convocan mediante oposición libre. As prazas da categoría de policía, integradas no grupo “C”, subgrupo C1, da escala básica de administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da policía local do concello de Xinzo de Limia, dotadas coas retribucións básicas correspondentes ao seu grupo de titulación e coas complementarias asignadas ao posto de traballo ao que se adscriban as prazas.
Se queres descarregar as bases do proceso pica no pdf que está debaixo da fotografía

