Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO OFERTA TRES PRAZAS

07 Xul 2016

Son para condutor@s motobomba

O concello de Vilariño de Conso mediante resolución da alcaldía de data 4 de xullo de 2016, acordou convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal das prazas de 3 condutor@s de motobomba. A modalidade da contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa. A duración do contrato é de 3 meses. O sistema de selección é por concurso-oposición. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Vilariño ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras. O texto completo das bases reguladoras publicaranse no taboleiro de anuncios do concello e páxina web  www.vilarinodeconso.es.  As contratacións están financiadas a través do convenio entre a consellería do medio rural da Xunta de Galicia e o concello de Vilariño de Conso, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Volver