O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO OFERTA CATRO PRAZAS TEMPORAIS
Trátase de catro postos a xornada completa
O concello de Vilariño de Conso fai público no BOP do 12 de maio a resolución da alcaldía de data 8 de maio de 2018, no que adoptou o acordo de convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal das prazas para 3 pións de servizos varios e 1 oficial II de albanelería. A modalidade da contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa, e a duración do contrato de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso-oposición. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Vilariño ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras. O texto completo das bases reguladoras publicarase notaboleiro de anuncios do concello e páxina web www.vilarinodeconso.es. As contratacións están financiadas a través do programa de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio de 2018 da deputación provincial de Ourense.

