O CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO OFERTA CATRO CONTRATOS TEMPORAIS
Son para pións de servizos varios
O concello de Vilariño de Conso fai público no BOP do 5 de xuño que, mediante resolución da alcaldía, con data 1 de xuño de 2020, acordouse convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal que se indica:
a) Número e denominación das prazas: catro pións de servizos varios.
b) Modalidade da contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.
c) Duración do contrato: 5 meses.
d) Sistema de selección: concurso-oposición.
e) Lugar e prazo de presentación de instancias: cinco días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Vilariño de Conso ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras.
f) O texto completo das bases reguladoras publicarase no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web www.vilarinodeconso.es
g) As contratacións están financiadas a través do Programa de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio de 2020 da Deputación Provincial de Ourense.

